Saltar ao contido

Alfeidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfeidos
 Nome taxon
    Alpheidae
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseMalacostraca
OrdeDecapoda
SuperfamiliaAlpheoidea
FamiliaAlpheidae Editar o valor en Wikidata
Rafinesque, 1815 Alpheidae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/06my5x Editar o valor en Wikidata
ITIS96600 Editar o valor en Wikidata
OTT471793 Editar o valor en Wikidata
CoL84JVC Editar o valor en Wikidata
EOL46513265 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A dos alfeidos (Alpheidae) é unha familia de crustáceos malacostráceos decápodos carideos da superfamilia dos alfeoideos.

Características

[editar | editar a fonte]

Son pequenos camaróns de 3 a 5 cm de lonxitude que habitan usualmente entre as pedras da costa, en fendas ou buracos, e a súa principal característica e que teñen un dos quelípodos (patas rematadas en pinzas) moi desenvolvido que, cando pecha, produce un son como de estalo e tamén unha onda de choque (sonoluminiscencia)[1] que mata ou atordoa á súa presa,[2] polo que en inglés se coñecen como pistol shrimp (camaróns pistola).

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A familia foi fundada en 1815 por Rafinesque, que a describiu na súa obra Analyse de la Nature ou Tableau de l'univers et des corps organisés, publicada en Palermo.[3]

Na actualidade recoñécense máis de 620 especies na familia dos Alpheidae, distribuídas en 45 xéneros entre os que destacan Alpheus, con 283 species, e Synalpheus, con 146.[4]


  1. ↑ Nature "Snapping shrimp make flashing bubbles".
  2. ↑ "Shrimp, bubble and pop". BBC News. 21 de setembro de 2000.
  3. ↑ Alpheoidea Rafinesque, 1815 no WoRMS.
  4. ↑ Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 24 de outubro de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary". Ver en liña.
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]